Trátase de afeccións contra as vías públicas, cables de alta tensión e fibra óptica realizados, presuntamente, por maquinaria pesada.
“Este luns presentamos a primeira denuncia en firme para rematar dunha vez cunha situación que vén de vello e que se repite no tempo”, asegura o alcalde, Sergio Platas.
O alcalde de Paderne, Sergio Platas, reuniuse esta semana ca Guardia Civil para estudar posibles modos de actuar ante as reiteradas situacións que danan o patrimonio municipal.
Duns meses a esta parte obsérvanse continuos actos que provocan gretas en estradas, co conseguinte risco para a seguridade viaria; pero tamén roturas nos cables de electricidade e fibra óptica, o que xa significou a merma no servizo en determinados fogares paderneses.
“Este luns presentamos a primeira denuncia en firme para rematar dunha vez cunha situación que vén de lonxe e que se repite no tempo”, asegura o alcalde, Sergio Platas.
Así, a Administración local elaborou un informe cos danos rexistrados, presuntamente, por maquinaria pesada, que accede por espazos e lugares de difícil tránsito sen valorar as consecuencias que se ocasionan. Isto non só significa danos, tamén un custe adicional á hora de efectuar reparacións.
Tanto Platas como a Guardia Civil acordaron incrementar a vixilancia e o rexedor anuncia que “teremos pulso firme para denunciar todo aquel comportamento que atente contra os bens públicos e provoque unha merma na prestación de servizos públicos de primeira necesidade.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.