Friday 06 de February de 2026

Xunta e Fegamp asinan un vergoñento pacto sobre o financiamento da Axuda no Fogar sen contar cos concellos


O acordo asinado onte entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) supón oficializar o incumprimento da financiación da Lei de Dependencia. É vergoñento que o organismo que supostamente está para velar e defender os intereses das administracións locais asine un acordo que supón todo o contrario.

O presidente da FEGAMP tomou máis atribucións das que lle corresponden nun tema de vital importancia para as arcas de todos os municipios, actuando sen consultar cos concellos. Este pacto obriga ás administracións locais a continuar cofinanciando un servizo que a Lei obriga a financiar ao 100% pola Xunta e o Estado.

“É unha vergoña que se tomen estes acordos saltándose aos concellos. A cara de felicidade de ambos na foto xa o di todo. O de Rueda é normal, porque consegue algo que non esperaba nin de broma… pero a do alcalde de Vilagarcía é indignante, pero claro, a cambio haberá importantes investimentos da Xunta no seu municipio”, afirmou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

O rexeitamento a este sistema de financiación é un unánime por parte de todos os concellos galegos, aínda que por cuestións partidistas non todos o manifestan publicamente. Precisamente a iniciativa do alcalde de Oleiros, o pleno da Deputación da Coruña rexeitou este sistema de financiamento.

Deja un comentario