Friday 06 de February de 2026

O Concello outorga unha subvención de 6.000 para apoiar o labor deportivo do Rápido de Neda


O Concello de Neda vén de outorgar 6.000 euros á Sociedade Deportiva Rápido de Neda, no marco das subvencións municipais, convocadas no último trimestre do 2025 para apoiar o labor das entidades sen fin de lucro ao longo dese ano. A administración local contribúe deste modo a impulsar o traballo do veterano club a prol do fomento da actividade físico-deportiva no municipio.
Con nove equipos en competición durante a tempada 2025/2026, entre eles, os femininos de nova creación; 150 xogadores e xogadoras nos equipos base e 50 nos sénior, o Rápido de Neda concorreu, un ano máis, á convocatoria de administración local na procura de fondos para promover a práctica de fútbol entre a poboación moza da vila.
A subvención supón un novo apoio ao traballo desta sociedade entidade, que supera xa o medio século de vida, fomentando o deporte base. Un labor que o Concello leva anos impulsando tamén coa progresiva mellora e habitual mantemento do Campo de fútbol Juanito González, onde adestra e xoga o club.

Deja un comentario