A Mesa Local de Comercio vén de celebrar unha xuntanza para aprobar as iniciativas programadas para este ano polo Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober).
A proposta do CCA, que foi aprobada por unanimidade, inclúe as seguintes actividades:
• Rebaixas de inverno
• Campaña Namórate do teu comercio
• Día do pai
• Feira das Oportunidades, que se desenvolverá do 6 ao 8 de marzo. O programa concreto tamén recibiu o visto bo da mesa. A feira contará con 27 expositores no interior da carpa e entre seis e oito no exterior, e ademais volverá celebrarse a pequefeira.
• Feira Biosaúde (9 e 10 de maio)
• Día da nai
• Que rule, que rule!!!
• Campaña de verán O prezo xusto
• MercaEdillo, previsto para o 12-13 de setembro
• Campaña de volta ao cole
• Samaín
• Black Friday
• Campaña de Nadal
• Actividades formativas
• Actividade de promoción e dinamización en redes sociais
• Participación en campañas institucionais
• Colaboracións e patrocinios
Tamén foi aprobado de xeito unánime o calendario de actividades de Axober, que inclúe as seguintes propostas:
• Bergantiños, 0 emisións. Segunda edición do evento, que se ampliará de un a tres días, previsiblemente entre o 5 e o 7 de xuño.
• Berocasión. Feira de vehículo de ocasión, inicialmente programada para a fin de semana do 28 a 30 de agosto.
• Feira de hostalería, en estudo.
Na sesión deuse conta da recente creación da asociación A Praza, que agrupa aos profesionais do mercado municipal, e que ten previsto solicitar a súa inclusión na Mesa Local de Comercio, o cal implicaría tamén a necesidade de dar entrada a un/ha novo/a representante da corporación.
A Mesa Local de Comercio estivo presidida polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e contou coa participación de Yolanda Antelo Cameán, en representación do Centro Comercial Aberto (CCA); Kelly Villar Cancela, da Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober); Ramón Varela Rodríguez, concelleiro de Feiras, Mercados, Contratación e Participación Veciñal; Beatriz Neira Varela, en representación do grupo municipal do Partido Popular, e Belén Hevia Ramos, en representación da Xunta de Galicia, que participou por vía telemática. Actuou como secretario Vítor Recarei Añón, funcionario do Concello de Carballo.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.