Na visita, lembrou que a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social, sitúa a Galicia case catro puntos por debaixo da media nacional, sendo unha das comunidades con mellores cifras
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a sede da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos na Coruña, onde puxo en valor a colaboración entre a Xunta e o tecido asociativo para seguir mellorando a calidade de vida das persoas máis vulnerables e reducindo, así, as situacións de pobreza.
Durante a visita a esta entidade, que leva máis dun século traballando para axudar as persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión social, puxo en valor os avances acadados nos últimos anos en Galicia coa redución do risco de pobreza que se sitúa por debaixo do conxunto estatal. En concreto, sinalou que segundo os últimos datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a taxa Arope – que mide precisamente este factor, sitúase no 22, 1%, case catro puntos por debaixo da media nacional.
Así mesmo, explicou que o risco de pobreza económica está en Galicia 3,5 puntos por debaixo da media nacional, ao igual que o indicador de carencia material severa está no 7,1%, un punto menos que no resto do país. Deste xeito, explicou que “vivimos nun contexto complexo e con dificultades específicas como o acceso á vivenda que condicionan o día a día da poboación”, polo que desde a Xunta impulsamos medidas específicas para reverter estas situacións e contribuír – dixo- a que as persoas poidan construír os seus proxectos persoais e vitais.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.