O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza unha charla aberta o vindeiro xoves 12 de febreiro ás 18:00 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz. O título da charla é “O impacto nas familias dun diagnóstico TEA. A importancia dos grupos de apoio na crianza” e será impartida por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar especializada en acompañamentos a persoas no espectro autista e as súas familias.
O TEA (Trastorno do Espectro Autista) ten unha prevalencia de aproximadamente 1 de cada 100 nacementos en España. Nas últimas décadas produciuse un importante incremento, posiblemente debido a unha maior detección e uns diagnósticos mais precisos. A realidade é que afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo de forma importante na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son indispensables na súa evolución, pero en moitas ocasións séntense soas e incomprendidas pola multitude de obstáculos e dificultades que atopan tanto no propio entorno familiar e veciñal, como no educativo, formativo, laboral e incluso sanitario.
É fundamental que poidan contar tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Dende o Concello de Oleiros ofrécese esta charla aberta sobre estas cuestións na que ademais se informará da existencia destes grupos estable de apoio para familias nesta situación. Esta actividade é aberta e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.