O museo Os Oleiros organiza unha nova actividade de olería: obradoiro de cuncas para ramen os días 7, 14 e 21 de marzo.
O ramen é un prato de orixe chinesa que chegou a Xapón a finais do século XIX coa migración china, adaptándose co tempo, especialmente despois da Segunda Guerra Mundial, cando a escaseza de arroz popularizou os fideos de trigo. A invención no ano 1958 do ramen “instantáneo” popularizou este prato, que hoxe en día chegou a todos os recunchos do planeta.
A forma da cunca que ese emprega neste prato é lixeiramente diferente da que empregamos en Galicia para o caldo. Neste obradoiro confeccionaremos unha cunca para ramen traballando sobre a comparación das dúas pezas.
A actividade será dirixida polo ceramista Nano Unzueta.
O obradoiros desenvolverase na escola Municipal de Olería (As Torres) en tres xornadas 7, 14 e 21 de marzo en dúas quendas: 1ª quenda (de 16.00 a 17.30 h) e 2ª quenda (de 17.30 a 19.00 h).
A actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos empadroadas no Concello de Oleiros e o prazo de inscrición é do 9 ao 26 de febreiro. O 27 de febreiro realizarase o sorteo de prazas ás 10:00 horas.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.