As 7 bibliotecas municipais de Oleiros acollerán durante os próximos meses 52 sesións de diferentes actividades infantís, contacontos, concertos, obradoiros… outra iniciativa máis de dinamización cultural dirixida a nenos e nenas para fomentar a lectura, o coñecemento e o lecer.
Case todas as actividades terán lugar ás 17:30 horas e teñen aforo limitado, polo que resulta imprescindible reservar praza (de forma presentacial nas bibliotecas ou chamando por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete), desde dez días antes da data de realización de cada unha das actividades.
Haberá sesións dirixidas a públicos de 2 a 4 anos e outras para maiores de 5 e 6 anos. A programación e o calendario concreto de actividades por bibliotecas pode consultarse na web municipal.
Nas actividades propostas contarase con compañías como Trémola Teatro, Tarabelos Teatro, A Xanela do Maxín ou Trinketrinke Teatro; contadoras/es de contos como Charo Pita, Ramiro Neira, Iseo a Moura, Raquel Crespo, Olga Abad, Ariadna Ligero, Soraya Lema, Pablo Díaz e Raquel Queizás; e os obradoiros serán a cargo de Ciencia Kids, Patricia Cameán e Laura Caneira.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.