Youtubeiras+ é unha iniciativa organizada polos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo; das universidades da Coruña, Santiago e Vigo; e da Deputación da Coruña.
Youtubeiras+ é un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.
O Teatro Jofre de Ferrol acollerá o sábado 7 de febreiro, ás 19.00 horas, a gala de entrega da novena edición dos Premios Youtubeiras+. Nesta edición rexistrouse a concorrencia de 126 canles diferentes, cifra que bateu a marca histórica do concurso e supera a colleitada na edición anterior; ademais recoñécese o labor realizado pola comunidade creadora de contidos en galego na Rede ao longo de 2025, permitiuse a concorrencia de perfís en todo tipo de plataformas. Esa foi a gran mudanza nas bases, xa que na oitava edición só puido participar quen tivese perfís no YouTube e TikTok. Neste sentido, a gran novidade do certame foi que por primeira vez se contará coa categoría de Premio ao Mellor Pódcast.
Os Premios Youtubeiras+ distribúense en sete categorías: Canle, Creación de contidos, Pódcast, Calidade lingüística, Revelación, Rede e o Premio do Público. Todos os premios contan cunha dotación de 1000 €, agás as dúas primeiras categorías, cuxos galardóns ascenden a 1250 €.
A entrada á gala é de balde e pódense retirar xa a través da plataforma ataquilla.com, ou ben o propio 7 de febreiro no despacho de billetes do Teatro Jofre.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.