Thursday 05 de February de 2026

Alternativa demanda prazos para o reinicio das actividades municipais


Despois da suspensión por parte da empresa concesionaria dos programas municiapais “Escola de Actividades Físicas e Saúde” e Actividades socioculturais a veciñanza continúa sen respostas por parte do Concello de Cambre.

Durante a sesión plenaria Alternativa dos Veciños esixiu previsións para resolver esta situación, sen recibir por parte do goberno contestación, salvo que están traballando nunha nova licitación para que se restaure a normalidade o antes posible.

O grupo continuará seguindo o asunto de preto dada a importancia de ambos programas municipais para un gran colectivo veciñal, así como o monitorado das actividades.

Deja un comentario