Thursday 05 de February de 2026

A concellería de Promoción Económica entrega a viaxe a Eurodisney


· Iván Fidalgo Boo recibiu o premio da man da concelleira responsable desta área, Amparo Cerecedo, e Irene Souto, en representación de Congalsa

A concellería de Promoción Económica e Congalsa fixeron entrega, esta mañá, da viaxe familiar a Eurodisney a Iván Fidalgo Boo, gañador do sorteo realizado no marco da campaña comercial de Reis, posta en marcha para dinamizar o comercio local durante estas datas.

A concelleira responsable desta área, Amparo Cerecedo, destacou “o éxito da campaña, na que participaron máis de 40 establecementos comerciais da Pobra e na que se repartiron uns 4.500 pasaportes”. Ao mesmo tempo, sinalou, “proporcionamos a oportunidade a unha familia de viaxar a Disneyland París e mergullarse de cheo na maxia que caracteriza ao parque”.

Ademais, a edil tamén agradeceu a colaboración de Congalsa, que asumiu a financiación do premio, e puxo en valor “a importancia da cooperación para impulsar accións que repercutan directamente no noso comercio”.

Pola súa banda, Souto destacou que “para Congalsa xa é unha tradición colaborar nesta iniciativa, xa que brindar o noso o apoio ao tecido comercial local e á sociedade son piares fundamentais” e felicitou “ao agraciado por esta experiencia, que desexo que desfrute ao máximo”.

Deja un comentario