Thursday 05 de February de 2026

López Campos aborda co alcalde de Mugardos posibles colaboracións nas áreas da súa competencia


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, na que abordou posibles vías de colaboración nas materias de xestión do seu departamento.

Así, o representante da Xunta coñeceu de primeira man os proxectos e as necesidades deste municipio da costa coruñesa nas áreas da súa competencia, relacionadas con propostas de dinamización e mellora das infraestruturas e programacións culturais, con accións para o impulso da lingua galega e tamén con actuacións de apoio á xuventude. Ademais, na xuntanza tamén analizaron as vantaxes que a adaptación da Lei de Patrimonio Cultural permitirá a este concello, así como ao resto dos da Comunidade, para axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos bens co obxectivo de que o seu coidado non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais da veciñanza.

Deja un comentario