O Concello de Oleiros organizará a tradicional festa de entroido o venres 20 de febreiro, coa orquestra Os Satélites e cun concurso de disfraces dotado de 5.200 euros en premios. Será en Santa Cruz, no pavillón Arsenio Iglesias, e comezará ás 18:00 horas.
O concurso de disfraces contará con 2 categorías: individuais-parellas (1 ou 2 persoas) e grupos (entre 3 e 25 persoas).
Na categoría de grupos haberá un primeiro premio de 1.500 €, un segundo de 1.000 €, dous terceiros de 500 € e un accésit de 400 €.
Na categoría individual-parellas o primeiro premio será de 400 €, o segundo de 300 €, haberá dous terceiros de 200 € e dous accésit de 100 €.
O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 18 de febreiro ás 14:00 horas. Para inscribirse no concurso deberán presentarse as solicitudes habilitadas ao efecto a través da Sede Electrónica Municipal (http://sede.oleiros.org/portal/sede) ou de forma presencial a través do rexistro sito no Centro Cultural A Fábrica (Rúa do inglés, 13, Perillo). O desfile de disfraces comezará as 19:00 horas.
BASES: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/02/04/2026_0000000559.pdf




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.