Onte repetironse as inundacións que levaron a Alternativa dos Veciños de Carral a demandar, en numerosas ocasións, á Deputación da Coruña solucións para a problemática da veciñanza de Taramuño e a que emprega a diario a DP-2106, na parroquia de San Vicente de Vigo.
Con este novo episodio, na mesma estrada, pero nesta ocasión á altura de Balbén 53, Alternativa presentou unha nova reclamación e fixo chegar a urxencia do asunto directamente ao servizo de Vías e Obras da Deputación.
O grupo municipal lamenta que a pesar das múltiples denuncias tanto do grupo, como da veciñanza as obras precisas para poñer solucións as inundacións da vía non foron realizadas no 2025, tal como se comprometera a Deputación. Pero tampouco se executaron os traballos de limpeza e mantemento que poderían axudar a minimizar a situación.
A situación é un risco para a seguridade viaria, polo que o grupo lembra circular con moita precaución pola zona.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.