Wednesday 04 de February de 2026

Alternativa revisará a planificación de mantemento da rede viaria muncipal


Alternativa solicitou no pleno o acceso ao rexistro das incidencias nas vías públicas co obxectivo de contrastar as queixas veciñais recibidas polo grupo coa planificación de actuacións da brigada municipal de obras.

O grupo municipal xa pedira explicacións previamente sobre a xestión dos traballos de manemento viario e considera necesario dispoñer dun rexistro actualizado que garanta que todas as demandas da veciñanza están correctamente recollidas.

Segundo sinala Alternativa, contar cun inventario completo facilitaría unha planificación máis eficiente cando as condicións meterolóxicas permitan á brigada municipal de obras abordar os traballos de conservación.

O goberno municipal confirmou no pleno que se facilitará o documento e permitirá incorporar aquelas incidencias viarias que non esten recollidas non figuren no mesmo.

Alternativa valora positivamente a decisión ao entender que mellora a coordinación institucional e reforza a capacidade dos grupos municipais para trasladar as demandas veciñais.

Deja un comentario