Máis dun centro persoas déronse cita este sábado pola tarde no pavillón municipal do Forte de Boqueixón para participaren nunha Zumba Class Solidaria, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón diante do éxito acadado polas tres primeiras edicións.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a colaboración solidaria das persoas participantes, que achegaron alimentos non perecedoiros. Un público de diferentes idades e que desfrutou coas distintas coreografías preparadas para a ocasión por oito monitoras de zumba procedentes tanto de Boqueixón como doutros municipios da contorna.
A masterclass de Zumba tivo lugar durante algo máis de dúas horas nas instalacións do pavillón municipal do Forte. Unha iniciativa xurdida da iniciativa de persoas da actividade de zumba das escolas deportivas municipais no ano 2023 e que foi recollida e organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón dende 2024.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.