Con motivo da celebración de ExpoOrdes 2016 e da XXVII Degustación do Champiñón Ordes recibirá a visita duns personaxes moi especiais e ben queridos polo público infantil, os Bolechas. ‘Os Bolechas visitan ExpoOrdes’ é o título do libro que o Concello vén de publicar con motivo da dita celebración.
Acompañados polo seu amigo Pedro os famosos nenos e nenas terán a oportunidade de coñecer o máis destacado da feira e da vila de Ordes. O Museo do Traxe Juanjo Liñares, o Concello, a Alameda, o paseo fluvial, a igrexa de Santa María, o parque da Constitución ou o Camiño Inglés serán escenario de máis dunha aventura. Tamén terán tempo para coñecer os murais de DesOrdes Creativas, a Banda de Música de Ordes e, por suposto, non marcharán do municipio sen probar unha boa ración de champiñóns e os famosos queiques.