Monday 02 de February de 2026

Comezan as obras do tramo de paseo marítimo pendente no Paraíso


Hoxe comezaron as obras do segundo treito do Paseo da Ría que quedaran sen rematar coas obras do dragado. Trátase dun segmento na zona do Paraíso que conecta Beiramar co novo paseo que resultou da restauración da desembocadura do río do Seixo.

O Ministerio de Transición Ecolóxica, que inicialmente non ía abordar esta obra, cambiou de postura tras as insistentes demandas do Concello. Tal e como se denunciou en repetidas ocasións por parte do alcalde, non se podía deixar o paseo construído sen conexións a ambos lados.

No extremo do Seixo e O Graxal as obras comezaron a finais do pasado ano. Neste outro tramo que se inicia hoxe o investimento será de 556.000 euros.

As dúas obras en marcha darán como resultado a absoluta conectividade peonil e ciclista en boas condicións de accesibilidade e seguridade de toda a ría, entre os concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros. Ábrense así grandes posibilidades para os desprazamentos a pé ou en bicicleta.

Deja un comentario