· As actuacións leváronse a cabo ao abeiro dunha axuda para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Xunta de Galicia
O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá as obras de mellora realizadas no polígono industrial da Tomada.
A actuación, financiada ao abeiro dunha axuda para a mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Xunta de Galicia, incluíu o fresado das zonas asfaltadas para posteriormente aplicar unha capa asfáltica, de 5 cm de espesor, e o posterior repintado e colocación de sinais. Actuouse nun viario interior que corresponde á primeira fase do polígono sobre un tramo aproximado de 600 metros.
O rexedor destacou a importancia destas obras “para garantir unhas infraestruturas viarias axeitadas, mellorando a seguridade da circulación e as condicións de uso dun polígono que desempeña un papel clave para o noso tecido comercial”.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.