Monday 02 de February de 2026

O Concello investirá un total de 402.000 euros para melloras dos servicios públicos en obras comprendidas no Plan Único


 Aprobouse por unanimidade nunha sesión extraordinaria do Pleno da corporación celebrada esta mañá.

 Trátase da renovación do suministro de agua potable e mellora de viais en Chantada; a instalación dunha nova EDAR en Paderne de Abaixo e a pavimentación de varios viais en Adragonte.

 Tamén contou co voto favorable de todos os grupos políticos incluír no Plan Único Complementario a renovación de vías en da Costa O Carballo, Velouzás.

 O alcalde, Sergio Platas, indicou tras a sesión que “o Concello de Paderne goza dunha boa saúde económica, e boa proba diso é que ademáis de investimentos, tamén podemos adicar a maiores case 71.000 euros a gasto corrente.”

O Concello de Paderne celebrou está mañá unha sesión extraordinaria do Pleno da corporación, onde se aprobou destinar un total de 401.114,59 euros para melloras dos servicios públicos na localidade. Están incluidos no Plan Único da Deputación da Coruña para o presente exercicio.

Así, renovaranse viais e o suministro de agua potable en Chantada nunha intervención que contará cun orzamento de 194.658,55 euros; a instalación dunha nova EDAR en Paderne e de Abaixo, cun orzamento de 169.564,32 euros e a pavimentación de varios viais en Adragonte cunha partida de 36.891,72 euros. Ademáis, incluirase no Plan Único Complementario a renovación de vías da Costa O Carballo, en Velouzás. Contaría cun orzamento de 148.270,18 euros.

Tras a sesión, o alcalde de Paderne, Sergio Platas, subliñou que “o noso Concello dispón dunha boa saúde económica e proba diso é que puidemos engadir da partida destinada do POS da Deputación un total de 70.784,93 euros a gasto corrente. A nosa liña de goberno baséase na mellora de servizos que son indispensables para a veciñanza. Traballamos de xeito gradual para chegar a todos os lugares e temos a intención de continuar nese senso.”

Deja un comentario