Monday 02 de February de 2026

A Xunta afonda co Círculo de Empresarios de Galicia en vías de cooperación conxunta a prol do fomento do emprego e do empredemento na comunidade


O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, reuniuse coa presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, María Borrás, co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración entre ambas partes.
Durante o encontro, analizáronse diferentes fórmulas de cooperación para impulsar e desenvolver actividades e eventos vinculados ás relacións laborais, ao emprendemento e á promoción do emprego coa finalidade de reforzar o tecido produtivo galego e favorecer a creación de oportunidades para empresas, profesionais e persoas emprendedoras da comunidade. O conselleiro José González salientou a importancia de avanzar da man das entidades que representan o tecido económico de Galicia, e puxo en valor a traxectoria do Círculo de Empresarios de Galicia como axente clave na dinamización empresarial e na xeración de sinerxías que contribúen ao crecemento económico.

Deja un comentario