Monday 02 de February de 2026

O Concello malgasta fondos públicos en carteis innecesarios mentres desatende necesidades esenciais


Desde o Partido Popular de Miño, queremos denunciar publicamente a mala xestión e investimento do diñeiro público por parte do Concello

Hai maiores necesidades en servizos e infraestruturas básicas para o pobo, que colocar carteis informativos que non achegan ningunha novidade.

É incomprensible que, alegando falta de orzamento para cubrir necesidades esenciais, priorizar gastos superfluos que non melloran a calidade de vida dos veciños nin responden a demandas reais.

Este tipo de actuacións reflicten unha absoluta desconexión coa realidade do municipio e unha preocupante falta de planificación.

O Partido Popular pensa que existen outras maneiras máis eficaces e responsables de axudar aos nosos negocios, sen recorrer a investimentos innecesarios nin a campañas sen impacto real.

O noso diñeiro debe xestionarse con rigor, responsabilidade e sentido común.
Os veciños merecen outra xestión para atender de verdade as prioridades reais, e non en accións propagandísticas sen utilidade práctica.

Deja un comentario