Monday 02 de February de 2026

O Concello dá continuidade ao proxecto Marmiño cunha xornada para impulsar o emprendemento colaborativo no sector pesqueiro


A sesión terá lugar o venres 6 de febreiro, de 10.30 a 12.30 horas, na Casa do Pescador

O proxecto ‘Miño emprende non Mar: artesanía alimentaria e transformación do produto pesqueiro’ está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA)

O Concello de Miño organiza dúas xornadas de traballo colaborativo coas que dá continuidade ao programa de formación e capacitación para o emprego e o emprendemento Espazo Gastronómico Marmiño, enmarcado no proxecto ‘Miño emprende non Mar: artesanía alimentaria e transformación do produto pesqueiro’, financiado cunha axuda do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Agricultura (FEMPA).
Despois dos talleres desenvolvidos no 2025, estas sesións buscan seguir impulsando a dinamización do emprendemento no municipio. Na primeira delas, que terá lugar o venres 6 de febreiro, de 10.30 a 12.30 horas, na Casa do Pescador, expoñerase o funcionamento da iniciativa Daquí Darredor, un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos promovido polo Concello de Brión, a Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela.

O proxecto ‘Miño emprende non Mar’ busca potenciar a creación de emprego e o emprendemento, incluíndo a diversificación das actividades das persoas traballadoras do mar para que adquiran competencias na transformación do produto pesqueiro e dotar, á súa vez, dun maior valor engadido os propios recursos pesqueiros.

Deja un comentario