O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico, que se impartirán nas Escolas do Xardín Agra de Caldas a partir do 3 de febreiro e ata finais de maio. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible máis abaixo.
O obradoiro de acollemento lingüístico vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.