Friday 30 de January de 2026

Un centro para maiores sen uso nin calendario


Alternativa dos Veciños levou ao pleno municipal a situación de abandono e parálise do Centro de dinamización para maiores de Celas, un espazo que permanece sen uso efectivo a pesar dos anuncios realizados polo goberno municipal.

Nada se sabe do anuncio do proxecto piloto anunciado polo goberno local para a súa posta en funcionamento tras o verán, unha iniciativa que combinaría obradoiros, actividades físcas e propostas de lecer, no marco dun plan cacordado coa Comunidade de Montes como entidade representativa da Veciñanza.

Ante a falta de información e de avances reais, Alternativa esixiu explicacións concretas sobre o estado actual da proposta e un previsión para o inicia de actividade no centro.

Alternativa subliña que este espazo foi concibido para combater o illamento das persoas maiores e dinamizar a vida social da parroquia, polo que considera inxustificable que continúe pechado sen ofrecer o servizo para á veciñanza.

Deja un comentario