A Comisión, que presidirá Jose Manuel Lage, volverá a reunirse antes de que remate o mes de febreiro
O Palacio Municipal de María Pita acolleu este venres o acto de constitución da Comisión especial de seguimento da candidatura da Coruña como sede do Mundial 2030.
A sesión, presidida polo voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, contou coa asistencia do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e dos representantes dos demais grupos municipais presentes na comisión: o Bloque Nacionalista Galego, con David Soto, e o Partido Popular, con Miguel Lorenzo.
A comisión acordou poñer a disposición dos grupos todos os expedientes municipais relacionados coa candidatura da Coruña a acoller o Mundial. Ademais, tamén se deu luz verde a unha nova reunión da comisión —antes de que remate o mes de febreiro— para coñecer o estado e situación da candidatura da Coruña para ser sede do Mundial, así como as xestións realizadas polos concelleiros de Cultura e Deportes diante dos distintos organismos vinculadas ao proxecto.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.