Friday 22 de November de 2024

Os Servizos Sociais organizan unha saída cultural de cinco días por Lisboa e a súa costa dirixida aos maiores de Riveira


Hoxe abre o prazo para inscribirse na viaxe

No marco do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores que organiza a Concellería de Servizos Sociais veñen de organizar unha nova saída cultural dirixida aos nosos cidadáns máis veteranos. Lisboa e a súa costa serán esta vez os lugares de destino e a actividade desenvolverase durante cinco días: do 16 ao 20 de maio.

A primeira tenente de alcalde, Fabiola García, e a xefa de servizo de Servizos Sociais, Francisca Vidal, explicaron hoxe os detalles desta actividade, orientada aos censados en Riveira con 60 ou máis anos e aos xubilados a partir dos 55.

O prazo de inscrición principia hoxe mesmo e prolongarase ata o vindeiro 5 de maio. Para anotarse hai que acudir ás dependencias dos Servizos Sociais situadas na praza 8 de marzo (teléfono 981 871 131 / email servizossociais@riveira.com).

Hai 50 prazas ofertadas que se cubrirán por orde de inscrición e cada solicitude pode incluír un máximo de dúas personas. Tamén se creará se é o caso unha listaxe de espera doutras 10 persoas. O importe (individual) por participar é de 307 euros.

Ademais da capital de Portugal, os maiores que se animen a participar na iniciativa terán a oportunidade de visitar distintas localidades como Queluz, Sintra, Cascais, Estoril, Nazaré ou Alcobaça. O prezo inclúe autocar, estadía en hotel do centro de Lisboa en réxime de pensión completa, visitas guiadas, seguro de viaxe e guía durante todo o percorrido.