Friday 30 de January de 2026

A sentenza do TSXG sobre a demolición das ruínas de Casa Carnicero xa é firme


A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se absolvía ao alcalde e ao arquitecto técnico municipal pola demolición das ruínas de Casa Carnicero xa é firme. Finalizou o prazo de presentación de recursos sen que se alegase contra a resolución xudicial.

Esta xa era a segunda sentenza absolutoria emitida polos tribunais en relación a esta actuación do Concello en defensa da seguridade cidadá. Un primeiro tribunal da Audiencia Provincial da Coruña formado por 3 xuíces e un segundo tribunal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia formado por outros 3 xuíces avalaron que a actuación municipal foi legal.

Malia a existencia destas dúas sentenzas, os grupos políticos da oposición que levaban 5 anos intoxicando a opinión pública continuaron na mesma liña durante os últimos días. PP, PSOE e BNG, que nunca se lembraron de Casa Carnicero ata os acontecementos do 2020, intentaron manipular os feitos co obxectivo de eliminar politicamente ao alcalde, pero unha vez máis fracasaron.

Deja un comentario