Friday 30 de January de 2026

Un ano para ler: comezou o reto literario das Bibliotecas de Carballo


As Bibliotecas Municipais de Carballo lanzan neste 2026 un novo Reto literario, unha iniciativa aberta a todas as persoas usuarias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia co obxectivo de fomentar a lectura ao longo de todo o ano.
Cada mes, as bibliotecas ofrecerán unha exposición de libros arredor dun tema diferente e as persoas participantes poderán sumarse ao reto lendo títulos relacionados e participando activamente na iniciativa. Ao completar o reto anual, as persoas participantes entrarán nun gran sorteo final con premios.
Neste mes de inicio, a Biblioteca Rego da Balsa comezou co tema da saúde mental, mentres que a Biblioteca da Agra de Campos propuxo unha selección de libros de novela negra.
As bases completas do reto e a súa mecánica poden consultarse directamente nas bibliotecas municipais.

Deja un comentario