Neda prepara os fogóns de cara ao carnaval 2026. Unha celebración que rematará na vila cun encontro para sentar á mesa e alongar a festa. Trátase do “Cocido interxeracional de entroido”. Dende xa está aberto o prazo anotarse nesta cita gastronómica concibida para desfrutar en familia.
O cocido de entroido, que se servirá no pavillón municipal Ale de Paz o domingo 22 de febreiro, a partir das 14 horas, pretende reunir, un ano máis, a centos de veciños e visitantes para degustar algúns dos produtos máis típicos destas datas.
O menú da xornada inclúe sopa, o saboroso cocido, e a correspondente sobremesa con doces habituais destas festas. Ademais, como sucedera en edicións anteriores, non faltará nin a música en directo nin o sorteo de agasallos entre os comensais.
As persoas que queiran asistir deben retirar os seus tíckets na oficina de Servizos Sociais do Concello antes do 18 de febreiro. O prezo xeral é de 25 euros, os menores de ata 12 anos pagarán 12 euros e para os nenos e as nenas de ata os seis anos será gratis.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.