As actuacións no Parque Ramón Barba levan meses paralizadas, unha situación que mantén o malestar da veciñanza, que continúa sen poder facer uso deste espazo público, reclamando o esclarecemento da situación e solucións.
Alternativa dos Veciños esixiu no pleno municipal explicacións claras sobre o estado actual das obras, así como un calendario concreto que permita coñecer cando poderá volver estar operativo o parque.
O grupo municipal lembrou que xa criticara no seu momento o desenvolvemento desta actuación, ao considerar que non respondía á demanda real da veciñanza do Temple e que o investimento realizado – 473.000 euros- podería terse destinado a resolver outras carencias máis prioritarias na zona.
Durante a sesión plenaria, o goberno municipal limitouse simplemente a indicar que a continuidade das obras están pendentes de informes técnicos, así como axustes coa empresa concesionaria, sen achegar prazos nin solucións concretas, o que incrementa a incerteza e o descontento da veciñanza afectada.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.