O BNG de Teo presentou no pasado pleno do día 28 de xaneiro dúas mocións, unha sobre o apoio as reivindicacións do sector agrogandeiro galego e outra en rexeitamento a modificación da lei de patrimonio cultural de Galiza.
Ambas mocións foron rexeitadas polo voto en contra do PP.
O Bng de Teo propuxo tamén unha serie de rogos.
Se ben en plenos pasados o BNG xa reclamou o arranxo do céspede artificial de Rebordelo, nesta ocasión preguntouse polo prazos estimados da renovación, os cales non foron concretados polo goberno do PP, tamén o Bng fixo fincapé na problemática da eliminación de luminaria no colexio de Os Tilos, a falta de mantemento das cunetas que está a provocar inundacións e o mal estado da auga municipal que chega as casas da veciñanza.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.