A cidade incrementa a súa valoración nun 20% con respecto ao ano anterior e se consolida no posto 11 do ranking nacional
A Coruña consolídase, por cuarto ano consecutivo, como a cidade galega mellor valorada polo informe anual do Observatorio de la Cultura, que organiza Fundación Contemporánea. Así foi anunciado esta mañá na gala ‘Lo mejor de la cultura 2025’, celebrada en Santander.
“Esta valoración que recibimos reforza as políticas culturais levadas a cabo desde o 2019 pola nosa alcaldesa, Inés Rey, apostando por todo tipo de públicos e iniciativas, sustentadas na mellor rede de espazos culturais de Galicia”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Durante a gala fíxose énfase na importancia da cultura á hora de construír destinos.
En canto ás valoracións por cidades, A Coruña sitúase no posto número 11 do ranking nacional co 18,5% dos votos (tres puntos máis que hai un ano) e na primeira posición a nivel galego, por diante de Santiago de Compostela (posto 17), Vigo (posto 26) e Pontevedra (posto 35). A cidade, que incrementou un 20% o voto directo, leva catro anos consecutivos, desde que se presentou o informe de 2022, no primeiro posto autonómico.
Ademais, A Coruña nunca caeu do posto número 15 no último lustro.
“A Coruña consolida con estes resultados a súa proxección estatal e como capital cultural de Galicia”, indicou Castro.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.