Os encontros de aertesáns e palilleiras cumpren vinte anos na próxima edición que será o vindeiro 30 de Abril no pavillón de San Valentín. Como homenaxe e recoñecemento ás mulleres que tiveron a iniciativa de organízalos o Concello de Fene,en concreto a Concellería de Promoción Económicae Turismo,ao fronte da cal está o concelleiro César Castro, editará a publicación “Fene 20 anos palillando” escrita pola historiadora e xornalista fenesa María Xesús Arias en colaboración con X. M. Permui, integrante da Asociación O Tadetas.
O venres 22 de Maio ás 19 h. na Casa da Cultura de Fene presentase dita publicación á que se invita participar aos vecinos.
No mesmo acto X.M. Permui, presentará un video feito con imáxenes e entrevistas ás palilleiras que comezaron coa organización dos encontros.
Ao remate do acto Mario Gallego Rei pronunciará unha conferencia referida á actividade de palillar.
Mario Gallego Rei , profesor xubilado de Meis, aproveitou a su xubilación para dedicarse, a sacar a luz os momentos e os personaxes más relevantes de la historia de su municipio adoptivo, Meis.
No 2013, foi nomeado CRONISTA OFICIAL DE MEIS, con todos os honores polo representantes de la Corporación, veciños e familiares, nun acto que incluíu a dedicación de unha sala no seu honor do Multiusos de O Mosteiro.
O vínculo entre Mario Gallego e o arte do encaixe xurdiu durante a súa etapa como mestre en Camariñas. Alí síntese atraído por esta antiga ocupación e cando, años despois, deixou esa terra, levouse con el unha mostra da su artesanía en forma de picados. Algúns deles, incluso, confeccionados en coiro, como antigamente, “porque entonces no había cartóns”.
Para no perder esa afección, Mario acompaña muchas veces a las mulleres de A Floriña durante a súas sesións de palillos, e esa relación acabou frutificando na publicación dun libro. Que se titulo “Las puntillas de Mario” onde se recuperaron moitas das puntillas que fora recuperando durante a súa estancia en Camariñas.
Mario Gallego escribiu moitos libros sobre o encaixe galego, entre outros ” O rexurdimento do encaixe galego”, come se pode observar ca colección de un dos mellores mestres do encaixe, e ademais un dos maiores expertos no encaixe Galego.
Estudou o encaixe a nivel histórico e etnográfico, con unha finalidade divulgativa, que plasmou en moitos e extensos tratados sobre o encaixe, recuperando numerosos picados tradicionais, estudando as técnicas típicas do encaixe galego porque collemos cousas doutros lados debido a que hai pouco publicado na nosa terra.
Unha das súas teimas e tentar evitar que o encaixe tradicional galego sexa ben coñecido, impedindo que se desvirtúe pouco a pouco, xa que temos a mala costume de valorar máis o de fóra, e moitas veces collemos os deseños das revistas ou picados de bordados e todo ilo porque as formas tradicionais galegas non están publicadas e á man de todo o mundo.