O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Ponteceso, Jose Manuel Mato, co que abordou a adaptación da Lei do Patrimonio Cultural, polas vantaxes que estes cambios lles suporán aos concellos, ao permitirlles axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz dos seus bens patrimoniais. Ademais, tamén afondou co rexedor coruñés sobre cuestións das súas áreas de competencia, como son a colaboración en programacións e na mellora de infraestruturas culturais, entre outras.
Neste senso, o representante da Xunta explicoulle que as modificacións previstas na Lei de acompañamento dos Orzamentos para a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia permitirán reducir os tempos de espera, tanto por parte da cidadanía como das institucións, co obxectivo de que o coidado do patrimonio non supoña un impedimento para o desenvolvemento de proxectos vitais ou profesionais. Neste senso, cómpre subliñar que, na actualidade, a Xunta de Galicia é a única administración autonómica que informa dos bens de todo o territorio con independencia de cal sexa o seu grado de protección, o que supón a xestión cada ano de 30.000 expedientes cun prazo de resolución aproximado de entre seis e 12 meses.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.