Thursday 29 de January de 2026

O Concello promoverá a conciliación das familias co lanzamento dos obradoiros de Entroido


O programa levarase a cabo no CEP Salustiano Rey Eiras do 16 ao 18 de febreiro.

 

O Concello volverá promover a conciliación das familias do municipio co lanzamento dunha nova edición dos obradoiros de Entroido. A iniciativa, organizada pola Concellería de Igualdade, levarase a cabo do 16 ao 18 de febreiro no CEP Salutiano Rey Eiras. A concelleira da área, Estefanía Ramos, reafirma o compromiso do goberno local con “este tipo de programas que lles dan facilidades ás familias da Pobra nos períodos non lectivos dos nenos e nenas”.

Poderán participar os nenos e nenas de infantil en primaria, que recibirán atención durante esas xornadas en horario de 9.00 a 14.00 horas. Ademais das propias actividades, ofréceselles ás familias a posibilidade de solicitar o servizo de madruga e comedor.

En canto ao prezo, este será de 15 euros, con bonificacións do 50% para o segundo/a irmá e do 100% para o terceiro/a. As solicitudes poderán tramitarse ata o mércores, 11 de febreiro, no rexistro municipal, no departamento de Igualdade (situado fronte ao Concello) ou na sede electrónica.

As persoas que precisen máis información poderán contactar co servizo de Igualdade no teléfono 981 832 764 (extensión 6) ou no correo electrónico igualdade@apobra.gal.

Deja un comentario