A gastronomía será un ano máis protagonista nas celebracións do carnaval en Neda. O Concello vén de abrir o prazo para inscribirse na merenda de entroido dos maiores. A iniciativa municipal desenvolverase o venres 20 de febreiro e, como é tradición non faltarán nin os produtos típicos destas festas nin o baile.
A cita terá lugar no centro cívico Ramón Millarengo, a partir das 18 horas. Incluirá música en directo, e unha variada oferta culinaria. Así, as persoas da terceira idade que se sumen poderán degustar variedade de produtos doces e salgados típicos destas festas. Ademais, haberá un sorteo de cestas de carnaval entre os participantes.
A merenda- baile será gratuíta para a residentes de Neda, que poderán apuntarse ata o 12 de febreiro na oficina de Servizos Sociais da Casa Consistorial. Se quedan prazas vacantes, abrirase un novo prazo ata o día 19 para que se inscriban persoas procedentes doutros municipios. Neste caso, terán que aboar 5 euros.
O Concello de Neda aposta deste forma, un ano máis, por combinar ha oferta de ocio do entroido propostas para toda a familia con outras para públicos específicos como esta festa de maiores, na que, claro está, quen queira poderá acudir disfrazado.


Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.