Thursday 29 de January de 2026

Cariño prepárase para celebrar a tradicional Romaría a San Xiao do Trebo este sábado


• A festa, organizada polo Concello, dará comezo ás 10:00 horas.

• Haberá un servizo especial de autobuses para reducir o uso do coche e favorecer o #gozar do evento.

O Concello de Cariño prepárase para celebrar este sábado, 31 de xaneiro, a tradicional Romaría a San Xiao do Trebo, unha das citas máis emblemáticas do calendario festivo local. Aínda que a celebración está suxeita ás posibles incidencias climatolóxicas, a mellora das previsións meteorolóxicas para a xornada do sábado fai prever que a festa poida desenvolverse con normalidade e sen imprevistos.

O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas cunha degustación de conservas A Pureza e empanadas. A continuación, celebrarase un pasacalles a cargo da Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo. A programación relixiosa inclúe dúas misas en honra a San Xiao, que terán lugar ás 10:30 e ás 12:30 horas, ambas as seguidas dunha procesión acompañada pola Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo.

A partir das 13:30 horas e ata as 15:00 horas, os asistentes poderán gozar da sesión vermú, amenizada polo Trío Karma. Xa pola tarde, entre as 19:30 e as 22:30 horas, celebrarase unha verbena que tamén contará coa actuación do Trío Karma. A festa continuará a partir das 22:30 horas e ata as 2:00 da madrugada coa música do DJ Masmusic.

Ademais, co obxectivo de facilitar a mobilidade, reducir o uso do coche e favorecer o goce da Romaría, o Concello de Cariño poñerá ao dispor dos asistentes un servizo de autobús con saídas desde A Tortela. Os horarios previstos son ás 10:00 e ás 13:30 horas pola mañá, e dous servizos pola tarde e noite, ás 15:30 e ás 2:30 horas.

Deja un comentario