Un total de 53 veciños e veciñas participaron esta pasada fin de semana nunha excursión de tres días a Segovia e Ávila, organizada polo Concello de Frades e na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Ánxeles Álvarez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos.
A expedición saíu de Frades o venres cara Arévalo, onde xantaron e visitaron o museo histórico e o mosteiro da Encarnación. O sábado viaxaron a Segovia, onde visitaron Pedraza, o Cárcere da vila, o Centro Didáctico da Xudaría, a catedral, o alcázar e o acueduto. Na xornada do domingo viaxaron ata Ávila, onde visitaron a súa Basílica, a Igrexa da Santa e fixeron un percorrido polas súas murallas antes de saír de volta a Frades.
Con esta viaxe, o Concello de Frades mantén o seu exitoso programa de escursións despois da gran participación rexistrada en anos anteriores nas viaxes a Asturias, Cantabria, Salamanca e Portugal.