Alternativa dos Veciños votou favorablemente, durante a sesión plenaria, á designación dos novos membros e á actualización da composición do Consello Escolar Municipal (CEM), un paso imprescindible para reactivar estórgano de participación educativa.
Dende o grupo municipal valórase positivamente esta iniciativa, tendo en conta que o CEM acumulaba preto de trinta baixas nos seus membros de representatividade, o que impedía a súa convocatoria e dar unha resposta axeitada ás demandas do tecido educativo do municipio.
O CEM é a ferramenta legal que permite canalizar as reivindicacións da comunidade educativa e esixir á Xunta de Galicia melloras, como o aumento de especialistas -PT, AL e coidadores- para a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, entre outros moitos asuntos de relevancia.
Alternativa confía que a convocatoria do CEM se produza a curto prazo, co obxectivo de que as demandas da comunidade educativa poidan transformarse en acordos oficiais cos que reclamar melloras ás administracións competentes.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.