A rede de bibliotecas públicas do Concello de Oleiros organiza obradoiros de máscaras pop up entroideiras para crianzas a partir de 6 anos. Os obradoiros comezarán ás 17:30 horas entre os días 9 e 19 de febreiro.
Desde o día 9 ata o 19 de febreiro terán lugar numerosos obradoiros de creación de máscaras pop up con temática de entroido nas bibliotecas públicas do Concello de Oleiros. Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Cada obradoiro terá unha duración de 120 minutos.
Para participar das actividades é imprescindible inscribirse na biblioteca onde terá lugar o obradoiro. O aforo é limitado a 20 crianzas por obradoiro polo que se deberá reservar praza na propia biblioteca ou ben chamando a cadanseu número de teléfono. As persoas interesadas poderán inscribirse desde 10 días antes da data de realización da actividade.
Programación:
– 9 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO DE DORNEDA
Tel.: 981 626 638
– 10 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA MANUEL MARÍA DE OLEIROS
Tel.: 981 610 700
– 11 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE SANTA CRUZ
Tel.: 981 626 338
– 12 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Tel.: 981 639 511
– 13 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO MERA
Tel.: 981 628 507
– 18 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE. NÓS
Tel.: 981 664 257
– 19 DE FEBREIRO
BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Tel: 981 618 201
As crianzas deberán estar acompañadas por unha persoa adulta no recinto da biblioteca ata que remate a actividade.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.