Wednesday 28 de January de 2026

Beirarrúas, patrimonio e espazos sociais: Celas de Peiro no pleno


Tras as visitas realizadas polos representantes do grupo municipal Alternativa dos Veciños á parroquia foron varias as cuestións trasladadas ao pleno para a súa resposta por parte do goberno municipal.

Os asuntos expostos centráronse, no estado e nas xestións realizadas sobre a creación de na AC400, o mantemento da Torre de Celas, a actividade que se desenvolve tanto no Centro Social como na Rectoral, así como a situación de abandono da instalación da Chave.

Durante a sesión plenaria, o goberno municipal comprometeuse a dar resposta por escrito a todas as cuestións formuladas. Pola súa banda, o grupo municipal promoverá diferentes accións en función ás respostas recibidas, co obxectivo de mellorar os servizos e infraestruturas da parroquia.

Deja un comentario