Wednesday 28 de January de 2026

Naturgy leva 8 meses sen retirar un poste e impide que 18 familias ocupen ás súas novas vivendas


A inoperancia da empresa Naturgy, que non retira un poste do medio da rúa Fonte de Álvaro, está a impedir que as 18 familias que compraron un piso nun edificio de nova construción ocupen as súas vivendas, cando tiñan previsto entrar en outubro. A construtora realizou a solicitude hai 8 meses, sen que ata o momento Naturgy se dignase a retirar o poste e soterrar os cables.

As 18 familias que compraron os pisos e queren entrar a vivir nas súas vivendas están a sufrir un gravísimo prexuízo económico ao ter que soportar a carga que supón pagar a nova vivenda e na que residen actualmente. Ademais, á inacción de Naturgy, impídelles empadroarse en Oleiros, coas conseguintes repercusións para as matrículas escolares do vindeiro curso.

O Concello dirixiuse esta mañá a Naturgy para demandar a urxente retirada do poste.

Deja un comentario