Wednesday 28 de January de 2026

O Concello investirá 200.000 euros na reparación das cubertas das Torres de Santa Cruz


As cubertas do conxunto de edificios que compoñen As Torres de Santa Cruz serán reparadas e rehabilitadas proximamente co obxectivo de eliminar as filtracións de auga detectadas no inmoble e os seus elementos construtivos, como así tamén para preservar a integridade dos bens culturais mobles que alberga a edificación: pezas de barro tradicionais, cerámica, obras pictóricas , documentación da biblioteca e outros elementos etnográficos de valor cultural.

O Centro cultural As Torres componse de varios edificios que forman parte dun conxunto de elevado valor patrimonial, sendo un elemento representativo da arquitectura histórica do municipio e un referente cultural polas numerosas actividades que alí se desenvolven como o Museo Os Oleiros “José María Kaydeda”, o Teatro Municipal As Torres ou a Biblioteca Municipal e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro”.

O Concello de Oleiros investirá 200.236,17€ para rehabilitar e reformar as 6 cubertas dos edificios que compoñen o complexo cultural.

As obras terán unha duración aproximada de 4 meses desde o seu inicio.

Deja un comentario