A empresa concesionaria suspendeu os seus servizos ao Concello de Cambre, o que provocou a paralización do programa municipal “Escola de Actividades Físicas e Saúde”, que se oferta á veciñanza nas distintas parroquias.
Dende Alternativa dos Veciños esixiranse no pleno previsións claras para resolver esta situación que, ademáis de afectar directamente á veciñanza, suón a interrupción dun servizo consolidade, cunha traxectoria de máis dunha década no concello.
O grupo lembra que esta problemática é unha máis das herdadas do anterior goberno mucnicipal. Q o actual goberno do Partido Popular non foi quen de evitar a suspensión da actividade por parte da empresa concesionaria do servizo, que denuncia impagos acumulados dende o ano 2023 qpor un importe aproximado de 92.000 euros.
O voceiro de Alternativa de Cambre, Raúl Varela, sinala que “a situación é a que é, pero agora imprescindible actuar con dilixencia para que a veciñanza poida volver a desfrutar do servizo canto antes, xa que non falamos só dunha cuestión de lecer, senón de saúde e benestar.”




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.