O documento estratéxico, que se levará para a súa aprobación no pleno de mañá, recolle un conxunto de actuacións distribuídas por distintos núcleos do municipio co obxectivo de mellorar a accesibilidade, as infraestructuras, a seguridade viaria e a xestión de auga e do saneamento.
O goberno municipal continúa a dar resposta prioritaria ás competencias muncipais e as demandas da veciñanza. O plan permitirá restablecer a circulación en viais actualmente cortados, mellorar a pavimentación de vías públicas e optimizar os accesos a núcleos de poboación, avanzando cada unhas infraestruturas máis eficientes e seguras.
Entre as actuacións previstas figura o reforzo das beiravías no vial Gandarío-Cangas-Casal de Ouces, crearanse zonas de tránsito seguro en núcleos urbanizados e a execución dunha senda en tramos interurbanos. Ademáis incorporase sinalización restritiva, elementos redutores de velocidade e a limitación a 30km/hora a velocidade. Para o desenvolvemento desta obra, será necesaria a expropiación de varios terreos, que, no núcleo de Cangas, abriran a posibilidade futura de crear unha zona de lecer.
O plan contempla tamén catro intervencións urxentes como son: o paso do Rego Maior en Cambade, onde o vial permanece pechado. As actuacións nos pasos do Rego do Cabanés e no Rego de Callou, resolvendo problemas derivados de infraestruturas que usperaron a súa capacidade; e a reparación do drenaxe no Camiño dous Balseiros, cuxa deficiencia provocou o derrube parcial do firme.
Por último, inclúese a execución dunha nova rede de saneamento no núcleo de O Vilar, que conectará coas redes xa existentes e deixará prevista a posibilidade de futuras acometidas.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.