Wednesday 28 de January de 2026

Acordo para reubicar a torre 5G prevista en Rois


O pasado mes de Xullo a veciñanza de Rois mobilizouse e promoveu unha recollida de sinaturas en protesta pola torre de telefonía móbil de arredor de 30 metros de altura, prevista nas inmediacións das vivendas do lugar do Casal, polo forte impacto que supuña.

O traballo realizado dende o Concello de Bergondo permitiu paralizar a instalación da antena na súa ubicación inicial e acadar un acordo con Telefónica para o traslado da infraestrutura a unha nova localización.

Dende o primeiro momento, o Concelleiro de Urbanismo e voceiro de Alternativa, Juan Fariña, amosou o apoio á veciñanza afectada, recoñecendo a complexidade do procedemento, dado que a instalación era legal na ubicación prevista en Rois.

A nova localización, consensuada co Concello de Bergondo, sitúase nunha zona que minimiza o impacto sobre as vivendas e o entorno, dando resposta ás demandas veciñais e compatibilizando a prestación do servizo coa protección do territorio.

Deja un comentario