Lugar: auditorio do Pazo da Cultura
Dentro da programación do mes de xaneiro, o profesorado do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo ofrecerá o 28 de xaneiro un concerto pola paz, xusto na xornada na que se celebra o Día Internacional pola Coexistencia Pacífica, decretado pola ONU por primeira vez co obxectivo de que se convirta nunha plataforma para reforzar a educación en dereitos humanos e promover iniciativas que preveñan o odio e a violencia.
No concerto actuarán Isaura Rey (frauta), Daniel Novo (saxofón), Alma Sarasola (trompa), Mari Paz Fernández (piano), Gloria Pardines (canto), Luis Currás (guitarra) e Isabel Diego (percusión), que ofrecerán un repertorio moi variado, dende tico tico ata fado. Tamén se sumarán dous grupos de alumnos de Cámara.



Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.