O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución polo que se anuncia a licitación deste procedemento
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 61.000 euros na actualización dos perfís de augas de baño pertencentes ao ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución (http://goo.gl/vVaKS4) pola que se anuncia a licitación deste procedemento.
Os “perfís de augas de baño” elabóranse para unha mellor comprensión dos riscos existentes nas augas de baño. Basicamente consisten na determinación e avaliación das causas que poden afectar ás augas de baño e á saúde dos bañistas, aos efectos de servir como base para as medidas de xestión que, de existir algún episodio de contaminación, deban poñer en práctica as autoridades competentes.
A iniciativa que se publica hoxe no DOG ten por obxecto a revisión e actualización dos perfís elaborados nas zonas de baño de augas costeiras e de transición en 2011 e, por outro lado, a elaboración dos novos perfís ambientais para as zonas de baños costeiras e de transición que se teñan dado de alto desde entón, así como para as zonas de baño de augas superficiais continentais incluídas no ámbito territorial Galicia-Costa.
Os datos actuais sobre os perfís de augas de baño poden consultarse na páxina web de Augas de Galicia: http://augas.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Control_calidade_das_masas_augas?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/prefis-bano/seccion.html&std=perfis-bano.html
ou no Sistema de Información Nacional de Augas de Baño, na páxina web do Ministerio de Sanidade.