· A veciñanza puido coñecer de primeira man as instalacións, financiadas cunha axuda autonómica de 53.153 euros.
A nova Casa do Maior da Campara xa é unha realidade. Esta mañá celebrouse unha xornada de portas abertas que contou cunha ampla participación veciñal, permitindo coñecer en primeira persoa o resultado das obras realizadas.
Ao acto asistiron o alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez, xunto con numerosos veciños e veciñas da parroquia e contorna interesados en visitar as novas instalacións. Mesmo se achegou o párroco, don Manuel, que quixo coñecer de preto este novo servizo para as persoas maiores.
A Casa do Maior da Campara convértese así na terceira deste tipo posta en marcha no municipio desde a chegada á alcaldía de José Manuel Mato, sumándose ás xa existentes no Couto. A actuación contou cunha axuda de 53.153 euros da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
Desde o Concello de Ponteceso agradecen á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, o seu apoio a este tipo de iniciativas que reforzan os servizos sociais e contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
Tal e como sinalou o rexedor, trátase dun día “importante para Ponteceso, no que damos un novo paso nas políticas municipais de benestar e envellecemento activo”.




Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.